cinegalego

Si buscas hosting web, dominios web, correos empresariales o crear páginas web gratis, ingresa a PaginaMX
Por otro lado, si buscas crear códigos qr online ingresa al Creador de Códigos QR más potente que existe


Actor 
Nome completo: Luís López Tosar 
Nado: Cospeito (Lugo) 1971  




Formado no mundo do teatro e das curtametraxes con directores como Jorge Coira, José Carlos Soler ou Alber Ponte, a finais dos noventa dá o salto ás longametraxes sen abandoar as curtas. Popularizouse no seu papel de Xuíz nas primeiras tempadas da serie "Mareas vivas" (TVG). É membro do dúo cómico The Magical Brothers. Protagonizou con Javier Bardem a exitosa “Os luns ó sol”, entre outros títulos cinematográficos moi coñecidos.


                                                                               





Por Un asunto pendente recibiu os premios ao mellor actor no Festival Plataforma de Nuevos Realizadores e no Festival Internacional De cine de Elxe en 2001. Tamén en 2001 o Festival de Curtametraxes de Noia premiou a súa xa daquela prolífica carreira. Gañou o premio RNE-Sant Jordi, que concede a crítica catalana ao mellor actor español do ano 2002. Na 51 edición do Festival de Cine de San Sebastián (2003) obtivo a Cuncha de Prata como mellor actor por Douche os meus ollos, filme que lle valeu tamén o galardón á mellor interpretación masculina protagonista nos XVIII premios da Academia das Artes e Ciencias Cinematográficas de España (2004). Coa mesma película gañou o Cisne de Ouro ao mellor actor no Festival de Cine de Copenhague (2004). Nos XVII Premios Goya en 2003, recibiu o galardón ao mellor intérprete masculino de reparto, polo seu papel no filme Os luns ó sol. O mesmo traballo valeulle o galardón análogo dos premios do Círculo de Escritores Cinematográficos (2003). Galardón á mellor interpretación masculina protagonista, nos Premios Mestre Mateo 06 (entregados en maio de 2007) porCargo. Premio á mellor actuación masculina protagonista por Cela 211 (Asociación de críticos latinoamericanos de Nueva York, 2010). Por este mesmo filme foi recoñecido como o mellor actor na XV edición dos Premios José María Forqué (2010), recibiu da Academia do Cine de España o premio Goya ao mellor actor protagonista (2010), levou o Mestre Mateo 09 da Academia Galega e tamén foi galardoado no Festival Internacional de Cine de Seattle (EEUU, 2010). En 2010 recibiu a insignia de ouro da Deputación Provincial de Lugo en recoñecemento aos seus traballos. En 2011 recibiu o premio Málaga Sur pola súa “extensa e exitosa” traxectoria. Ese mesmo ano, competiu na categoría de actor protagonista dos Premios Goya polo seu traballo enTambién la lluvia
Premio Gaudí en 2012 pola súa interpretación en Mentras durmes, de Jaume Balagueró.



VIDEOS

     
                             






                                                                                                                                                                                Voltar a Engalecine


© 2024 cinegalego