cinegalego

Si buscas hosting web, dominios web, correos empresariales o crear páginas web gratis, ingresa a PaginaMX
Por otro lado, si buscas crear códigos qr online ingresa al Creador de Códigos QR más potente que existe


Actor 
Nome completo: Antonio Durán Moreira 
Nado: Vigo 1959   


Cunha longa experiencia interpretativa en teatro, é un dos profesionais máis coñecidos das producións televisivas galegas. Actor e presentador en diversos programas da TVG dende os seus inicios a mediados dos 80, popularizouse co papel de Antón en Pratos combinados e anos máis tarde como o alcalde de Padre Casares. Participou tamén en teleseries de Tele 5 e Antena 3 e nalgunhas das longametraxes de maior sona rodadas en Galicia. Ten traballado en dúas ducias de obras de teatro desde 1978, especialmente en montaxes do CDG e da compañía Artello, da que foi cofundador.


                                                                            



Obtivo o Premio ao mellor actor secundario por O partido nos Premios Mestre Mateo 06 (entregados en maio de 2007). Premio Mestre Mateo 2011 (entregado en 2012) á mellor interpretación masculina protagonista por Doentes. Premio de Honra Pedigree´11 no IX Festival de Cans (2012).

 VIDEOS


                             





                                                                                                                                   Voltar a Engalecine 

© 2024 cinegalego